Historia

O Colexio San Pío X inicia a súa andadura no ano 1967 grazas á iniciativa do entón párroco D. Antonio Vázquez Borrajo. Nun principio conta tan só con catro unidades pero xa no ano 1971 constrúese un novo edificio para seis unidades e ao ano seguinte implántase a EXB completa. No ano 1992 a titularidade administrativa é cedida aos profesores do colexio que constitúen unha Cooperativa de Ensino, sendo o párroco actual, D. Luis Rodríguez Álvarez, o presidente da mesma desde 2007. Actualmente o colexio conta cun persoal formado por 14 mestres que atenden as seis unidades de Educación Primaria, tres de Educación Infantil (todas elas concertadas), unha de Audición e Linguaxe e unha de Pedagoxía Terapéutica.

Organigrama

O Colexio San Pío X conta cun personal docente experto en educación. Aquí pode ver o organigrama.

Lema do curso 2017-18